miércoles, 25 de diciembre de 2013

OS REIS MAGOS


O xoves recibimos unha visita moi esperada, OS REIS MAGOS!
Despois de contarlles o que pediamos, metemos a nosa carta no buzón real. Regaláronnos unha bolsiña de chuches...
Despois metemos a man no saco para sacar a tarxeta do amigo invisible.

Foi unha tarde de nervios na que o pasamos xenial!

Mirade, mirade...


martes, 24 de diciembre de 2013

BO NADAL!

OS MAMUTS DESEXÁMOSVOS NESTAS DATAS UNHAS FESTAS CHEAS DE LEDICIA E CARIÑO.

BIQUIÑOS PARA TODOS!



jueves, 12 de diciembre de 2013

CHEGOU O NADAL!!!

Os Mamuts colocamos a árbore na aula colgando entre todos os adornos. Pintamos estrelas para facer cos nosos amigos os Dodos e os Tigres unha árbore xigante para a entrada e na porta da nosa aula está O REI MELCHOR!!











domingo, 8 de diciembre de 2013

SOMOS UNS ARTISTAS

Hai unhas semanas limos un conto chulisimo, "O cadro máis bonito do mundo", falábanos de Joan Miró. Despois de lelo buscamos en internet obras súas, falamos das cores que utilizaba, as formas... Entre todos decidimos converternos en "pequenos artistas". Entre os tres cadros escollidos por todos cada un elixiu un para representar... Mirade que bonito nos quedou:

domingo, 3 de noviembre de 2013

MAGOSTO

A festa do Magosto no Labarta Pose estaba a chegar... tiñamos que prepararnos...

Fixemos un soporte para as castañas. Pintamos un tubo de papel de cociña con exponsas de cores do outono, vermello, marrón, amarelo e verde.

O mércores pola tarde foi a festa, xogamos a oca, comimos castañas, bebemos zume e probamos uns biscoitos de castañas que fixeron os nosos compis de primaria.




jueves, 31 de octubre de 2013

SAMAIN

Esta semana os mamuts adicámola a celebrar o Samaín, pasámolo chachi!

Vimos pequenas pelis de medo, limos contos onde as bruxas e os monstruos eran os protagonistas, maquillámonos, fixemos un taller de cociña, galletas de pantasmas que estaban boísimas, escribimos nun anaquiño de papel a que tiñamos medo e queimámolo para que ese medo desaparecese e como non podía ser doutra maneira colocamos as nosas cabazas na entrada do cole.

Mirade que ben o pasamos:


miércoles, 16 de octubre de 2013

QUE TEMOS NA CABEZA?



Estes días coñecemos a ARCIMBOLDO, un pintor Italiano.



Facía maxia coas súas obras... Se as xirabas pasaba de ser un frutero ó retrato dun home.



Tamén vimos a súa obra "EL OTOÑO", como na estación na que estamos!!!

Tócanos a nos ser os pintores; a profe sacounos unha foto de perfil que pegamos nunha cartolina, cortamos añaquiños de papel de seda marrón para facer a base, pintamos follas, cogomelos, cabazas, frutos e as pegamos enriba das nosas cabezas...


QUE TOLIÑOS ESTAMOS!



miércoles, 9 de octubre de 2013

UNHA VISITA INESPERADA

Hoxe o entrar do comedor atopamonos cun intruso na aula...  Un Mamut, chámase Manny. Trouxonos un saco enorme e unha carta... 
Dentro do saco un oso, un trozo de pel de animal, unha foto un tanto extraña...
Parece que ven dun sitio moi lonxano... A PREHISTORIA!
TEMOS QUE INVESTIGAR!




CUMPLE PEDRO

O luns celebramos o cumple de Pedro...
MOITAS FELICIDADES!!!



jueves, 3 de octubre de 2013

MELLORES LECTORES DO MES

Dende o grupo de Biblioteca propúoxe que cada mes os mestres escolleramos a dous nenos/as como os "MELLORES LECTORES"


Este mes pola súa motivación e esforzo son PABLO E MILENA!



NORABOA!



jueves, 19 de septiembre de 2013

BENVIDOS


U

Ola amigos!


Benvidos ao voso blogue. Estou moi contento de poder desfrutar da vosa compañía. O meu nome é Manny, son un mamut que veño dun lugar moi lonxano que iredes coñecendo co paso dos días.



Cheguei ó Labarta Pose cos meus amigos, Tigre e Dodo, para encher de ilusión e diversión o tempo que pasamos no cole. Cada día verei os vosos fermosos traballos, cantas cousas aprendedes e o ben que o pasades.



Un biquiño enorme, ata pronto!