jueves, 27 de febrero de 2014

XOVES DE ENTROIDO

O Meco tivo unha idea estupenda... deixarnos vir ao cole co noso disfrace favorito. Houbo de todo un poco, ninjas, spidermans, bruxas, amorodos... Mirade que guapos estabamos!

miércoles, 26 de febrero de 2014

PEQUENOS PINTORES!

O xoves pasado no momento do conto esperábanos un deses contos que chamamos "especiais"e que precisan das gafas máxicas para contalo.
Falaba de Kandinsky, pintor ruso que facia espectaculares obras con formas xeométricas e vistosos cores.
Decidimos convertirnos en pequenos artistas e representar unha das súas obras!
Mirade que chulos nos quedaron!

MÉRCORES DE ENTROIDO

Despois de ler, "Se o mércores te queres divertir un pixama deberás vestir" así chegamos hoxe ao cole.
Quen dixo que non se pode estar elegante con pixama?


martes, 25 de febrero de 2014

MARTES DE ENTROIDO

"Como o martes é un día importante, terás que vir elegante" Foi o mandato para hoxe, e tan guapos e elegantes chegamos ao cole que fixemos un pase de modelos. Estabamos espectaculares!
Mirade, mirade:

lunes, 24 de febrero de 2014

LUNS DE ENTROIDO

Comezamos a semana do entroido, unha semana moi tola... O Meco deu a seu primeiro mandato... "O luns moi ledo virás e algo na cara pintarás".
Mirade que guapos viñemos ao cole:


viernes, 14 de febrero de 2014

SERGIO CUMPRIU 6 ANOS!

O mércores foi o cumple do noso amigo Sergio, para celebralo fixemos unha gran festa... Cantámoslle o cumpreanos feliz, tirámoslle das orellas, sete veces, recibiu unha de agasallo, sopramos as velas, comimos un biscoito boísimo e démoslle o noso regalo, un libriño con debuxos nosos.
Grazas polo biscoito e as chuches!
... E QUE CUMPRAS MOITOS MÁIS!
Mirade que ben o pasamos!


martes, 4 de febrero de 2014

DÍA DA PAZ

O pasado xoves celebramos O DÍA DA PAZ. Aínda que a traballamos dende inicio de curso este día adicámoslle actividades específicas. Aprendimos a canción CANTARELA DOS NENOS para logo cantala con todos os nenos/as do cole no patio, para ese momento fixemos unhas coroas chulísimas co símbolo da PAZ. Pintamos con ceras blandas y estampamos puntiños de cores con bastoncillos e témperas. As fotos cantando con todos os nenos/as e collendo o noso mensaxe de paz as poderedes ver no blogue xera!

MELLORES LECTORES DECEMBRO E XANEIRO

Dende a biblioteca de centro decidiuse xuntar os meses de decembro e xaneiro para elixir os mellores lectores xa que foron dous meses con poucos días lectivos. Pola súa motivación, o seu traballo e o gusto polos contos esta vez escollemos a Juli e a Sonia. Noraboa chicos!

domingo, 2 de febrero de 2014

ANIVERSARIO MILENA

O mércores 29 celebramos o cumple de Milena, xa ten 6 aniños! Celebrámolo cun biscoito riquísimo e uns paraugas de chocolate, como nos puxemos!!!
Como agasallo fixémoslle un libriño con debuxos de todos nós.
Pasámolo xenial... Mirade!!!