lunes, 24 de marzo de 2014

DÍA DA ÁRBORE

O venres celebramos a día da árbore. Pola mañá na asemblea falamos da nova estación, a Primavera, e tamén da importancia das árbores. Pola tarde e coa axuda da profe Chus saímos ao patio a plantar unha Loropetalum Chinesa. O profe Xaquín deixounos feito o oco que tivemos que encher cun pouco de terra xa que era moi grande, despois colocamos a planta e seguimos botando terra até cubrir o oco; por último fomos a por auga para regala. Aproveitamos para regar tamén outras plantar que estaban ao redor. Como nos gustou converternos en xardineiros e xardineiras por un tempiño!


lunes, 17 de marzo de 2014

PINTURAS ABSTRACTAS

Kandinsky foi un pintor en maiúsculas da época moderna. As súas creacións eran abstractas aspecto que motivou e produciu interese aos nenos/as preguntando: que significa abstracto?.
Vimos varias obras e as comentamos... Falamos dos elemento que aparecen nelas, círculos, puntos e liñas e das cores vivas que usaba o pintor.
Co obxectivo de desenvolver a creatividade nos pequenos/as cada un  fixo a súa propia obra... Mirádeas e aventarádevos a dicir o que pintamos...
Seguiremos traballando con este pintor...



jueves, 13 de marzo de 2014

MOCHILA VIAXEIRA


A mochila viaxeira xa rematou a súa primeira aventura por tódalas casas dos Mamuts, xa fomos todos os protagonistas da semana.

Nesta segunda volta o obxectivo é investigar sobre o fascinante mundo dos Dinosauros e que sexan os nenos/as os que lles conten os seus compis o que aprenderon e descubriron.

Levaron xa a mochila nesta segunda aventura Sonia, Helena e Sergio.

Sonia explicounos que a palabra dinosauro significa "Terrible Lagarto", falounos de onde vivían e das características do Allosaurus.

Pola súa banda Helena explicounos as partes do corpo destes animais e do Triceraptor, entre outras cousas contounos que ten un colar de osos o redor do pescozo que o utilizaba para pelexar.

Sergio investigou sobre as partes do corpo que utilizan os dinosauros para defenderse, tamén nos falou das características do Tyranosauros Rex; o que máis nos chamou a atención foi saber o tamaño dos seus dentes. Fixemos un a tamaño real con plastilina, quedamos abraiados comparándoo cun noso.

Que nos contará Hector para a próxima semana?









viernes, 7 de marzo de 2014

MELLORES LECTORES FEBREIRO

Este mes de febreiro pola súa motivación e interese polos contos os mellores lectores son SERGIO e XAQUÍN!

Noraboa chicos.


miércoles, 5 de marzo de 2014

E POR FIN... VENRES DE ENTROIDO!

Chegou o día sinalado, os labartapedra puxemos os nosos disfraces de cavernícolas e desfilamos até o instituto co resto dos nosos compañeiros do cole. Alí fumos moi ben recibidos; degustamos postres típicos de entroido, xogamos e escoitamos a un grupo de gaiteiros.
Mirade o guapos/as que estabamos e o ben que o pasamos!