miércoles, 23 de abril de 2014

SOÑO COS NÚMEROS!

Nen@s e familias déixovos as fotos do traballo feito no segundo trimestre, soño cos números!
Mirade que ben o pasamos e canto aprendemos!



NOVOS COMPAÑEIROS DE VIAXE!

Hoxe ao chegar o cole... SORPRESA!.... Tíñamos novos compañeiros na clase, uns vermiños de seda!

Falamos sobre eles. Nacen de ovos na primavera e solo comen moreira, pasan o día comendo e crecendo e cando xa son grandes fan un casulo de seda. Alí quedan un tempiño mentras sucede algo máxico...convértense en fermosas bolboretas! 

Que entusiasmados estivemos mentras coñecíamos a historia dos vermiños... Agora tócanos coidalos moi ben para poder ver a súa transformación día a día.



OVOS DE VERMES (OS GRISES ESTÁN FECUNDADOS)






HELENA XA TEN 6 ANOS!

Onte inaguramos o trimestre festexando o aniversario da nosa amiga Helena.
Tróuxonos un biscoito boísimo do que algúns de nos repetimos varias veces. Cantámoslle o "cumpleanos feliz", tirámoslle das orellas e agasallámola cun libriño con debuxos nosos. 
Pasámolo en grande!

viernes, 4 de abril de 2014

MELLOR LECTORA DO MES DE MARZO

Nesta ocasión a elexida foi Nuria. Pola súa interese no momento do conto e o gusto polo recuncho da biblioteca o ten ben merecido.
Quen será no mes de abril?